domingo, 14 de junio de 2009

Unha mestra de barrio

Hoxe vou falar dunha mestra de barrio nos anos da posguerra civil española.
Naceu un 13 de xaneiro, alá polo 1913, era a 10º de 13 irmáns, entre os 13 había dous pares de xemelgos. Dos 13 irmans, houbo de todo un pouco, un emigrou a Arxentina, outro foi militar, outro foi empresario, algúns traballaban en Bazán, ¿e as mulleres? Case todas amas de casa, menos ela, que quixo estudar.
E así foi, cando tivo a idade, presentouse o exame de mestres e obtivo o titulo, iba unha vez a semana a Coruña a prepararse para este exame, e tódolos días a unha academia que había en Ferrol, no Valle-Inclán. E que estaba dirixida por un tal Don Serafín. Case lle fai a faena este Don Serafín, xa que tivo os seus mais e os seus menos con esta futura mestra. Él pensaba que as mulleres estaban feitas para ser amas de casa, coidar os seus fillos e ó seu marido, e se lle colara, non unha, senon duas mulleres na sua academia. O final conseguiuno, ela, e a sua amiga tamén. Ser profesora.
A sua escola estaba situada na parte dabaixo da sua casa, entrando a esquerda. Esta casa tiña o nº 13, que a persegueu toda a sua vida, dunha rúa do seu barrio, Podo imaxinar como era: Un pequeño encerado de pizarra negra; varias mesas, cada unha da sua maneira, que ia recollendo dos colexios cando xa non valían para moito, de esas de madeira, cunha tapa que facia as veces apoiadeiro para escribir, e facían unha especie de caixón donde se metían os libros e libretas; outros pupitres tiñan debaixo unha táboa para meter as cousas; tamén durante a Républica, ainda que pouco a colleu coma mestra, tiña un crucifixo colgado na parede, enriba do encerado, despois cando Franco gañou, o retrato do dictador acompañaba o crucifixo, un pouco mais abaixo, a altura dunha das aspas pequenas, según ela Deus dáballe coscorrons na testa a Franco polas noites a modo de martelo.
¿E qué xente ia a esta escola de barrio? Pois iban dende os nenos do barrio, polo día, ata xente que tiña que sacar o seu certificado de escolaridade polas noites, para poder ingresar no exercito o para poder acceder as prazas de aprendices de Bazán. Tamén tiña as suas horas para as mulleres que non sabían leer, escribir, nin as 4 regras.
E ¿Qué e cómo cobraba? Moitos dos que ían a escola desta mestra non podían pagar en cartos, pois lle pagaban en especias, moitas veces, que si unha ducia de ovos, que si un saco de patacas, e outros, lle decían que lle pagarían co seu primeiro soldo (Estaba moi avanzada para o seu tempo esta mestra xa pensaba no plan Boloña) Así estivo dando clases e aprendendo ós seus alumnos. Casou e tivo o seu primeiro fillo, entón deixou as clases de polo día, e dedicouse a dar as clases, só, para adultos.
Tivo outro fillo mais, e entón deixou de dar clases e centrouse na sua familia. O seu marido tiña un bo traballo, e ela xa non tivo que traballar mais. Os seus irmans tamén estaban ben situados, e non facía faia aportar cartos para a familia.
A mala sorte empezou a chegar con a morte do seu fillo maior, os 13 anos, dunha leucemia. Ahí se puxo de luto, e xa non o quitou mais. Anos despois morreu o seu marido, e o luto proseguía na sua vida. Iban morrendo irmáns, e ela seguía de negro.
O seu fillo pequeno casou e tivo dous fillos, cando estes ainda eran cativos, a mala sorte machacou de novo sobre esta muller, e morreo o único fillo que lle quedaba. Transcurría o ano 1975, non puido ver como España ia despertando de 40 anos de dictadura
Ela morreo no 1985, Non era moi maior cando morreo tiña 72 anos. Moita xente foi o seu enterro, nunca tanta xente vin en ningún outro.
Ela, aprendeume a leer e escribir. Antes de que eu empezara a ir a escola, foi un adelanto para min. Mentras os outros aprendian as letras, eu leía xa a Vicky o Vikingo.
Ainda agora, lévome sorpresas cando a xente, me pregunta e ti de quén eres. E eu digo “Son a neta de Aurora”. E me contestan “Ah si, a mestra, Dona Aurora”

Imos ser nos os que levantemos o pais

Si, si, os sufridores fumadores, levantaremos o pais de esta crise sen fondo. A pesar que nos restrinxen os espazos, nos teñen como animais enxaulados en bares, aeroportos, e demais lugares públicos, con as subidas de prezos do noso vicio, imos levantalo o pais. Esa é a clave.
Os parados que xa acabaron as suas prestacións, xa volverán a cobralas, grazas a nos
Xa volverá a funcionar a lei da dependenza, porque xa habrá de novo fondos para estes fins. Grazas a nos
Levantemos muros, xaulas, poñamos unha burbulla a cada fumador, para que non moleste os demais, que acabaremos con o paro.
Pero ¿Cómo so fumas dous paquetes diarios? Non, non, iso non, tes que fumar polo menos 1 cartón diario, se non , non podremos sufragar, o gasto público do pais. ¿Cómo so hai este numero de fumadores? Non, non haino que incrementar, que non chega para pagar o deficit estatal.
E mentras, nos , os apestados, metidiños nas gaiolas, sen rechistar

domingo, 7 de junio de 2009

Na Galiza en GALEGO

Todos os dias veño escoitando o mesmo discurso en todas as partes con respecto a lingua. A verdade que eu non sei donde se meteron os galego falantes e defensores do galego o 1 de marzo, visto o resultados que acadaron esas eleccions galegas. O tamén pode ser verdade que moitos dos que votaron a Freijoo non están de acordo con a sua política linguistica. E este estase equivocando, ben esto xa o sei eu, que se está a equivocar.
Agora vai facer unha consulta os pais dos alumnos para ver en qué idioma quere que se lles ensine, se en galego ou en castelán. !Os pais dos alumnos¡, pregúntome eu, qué sabrán moitos pais de alumnos de como ten que ser a educación, con respecto a ensinanza, dos seus fillos. Tamén me pregunto si eu, que non son nai, pero pago os meus impostos para que os cativos estudien gratuitamente, non terei dereito a opinar. Ou tamén debería de meterme na política económica, xa que parte dos meus impostos van a parar as mans dos ricos banqueiros, tamén na política armanmentistica, e na politica exterior, tamén no lanzamento de satélites, ainda que da maioria de estas cousas non teño nin puta idea, pero qué mais da, se os pais poden decidir en que idioma se lles ensina os seus fillos, eu tamén podo meterme en como han de facerse todas esas cousas, ainda que non sexa unha experta en economía, nin en politíca exterior, nin en armamentos, nin moito menos en lanzamento de satélites.
Outra das cousas que quere cambiar este goberno, é que os funcionarios non sepan galego, xa que para as oposicions non fará faia que pasen o seu exame de galego ou presenten titulo acreditativo dos seus coñecementos nesta lingua. Os galego falantes non terían dereito a que lles falase en galego, xa agora non o teñen, porque na amioría dos casos a lingua que se utiliza na administración e o castelán. So hai que escoitar a maioría dos politicos do PP en qué idioma falan. E despois din todos fachendosos que o que queren eles é defender os intereses da Galicia frente o mundo mundial, e despois saen con estas cousas de qué, o pouco galego que aprenden os nenos no colexio, querenno quitar así, de súpeto. Qué menos que un funcionario en Galicia sepa falar galego. E poder atender a esas persoas que falan galego, porque non saben falar castelán, en moitos casos é así.
Esto último faime reflexionar sobre o seguinte. A maioría dos que non saben falar castelán, viven nas aldeas, teñen mais de 60 anos, cando eles estudaron, estaba prohibidisimo falar galego ¿Entón como é que agora non saben falar castelán? Ben é certo que naquela época só podían estudar uns poucos.
Outros din que estudar en galego vai en detrimento de outros idiomas que poden ser mais útiles en canto a comunicación con outros paises de outras falas, refírome o inglés, durante moitos anos non se estudiaba o galego nas escolas, e o inglés era obrigatorio dende ben pequenos, mi madriña, que nivelazo de inglés teñen todos os cuarentos e cuarentonas de Galicia, grazas a que non se estudaba galego naquela época e si se estudaba inglés ou francés. Digo os de 40 porque mais ou menos foi a partires de ahí, cando se empezou a poñer unha asignatura, das chamadas marias, nos temarios dos colexios. chamada lingua galega.
Non me extrana nada que no diccionario do DRAE nos chamen tontos os galegos.
Si se coidan os monumentos, tales como a catedral de Santiago, a Torre de Hercules (Está para ser votada monumento da UNESCO nos próximos días) As illas Sisargas, eucaliptos fora da Galicia, non o porto deportivo de Cangas ¿Por qué non facer o mesmo con a nosa lingua? ¿Por qué non mimala e coidarla?
E eu son a primeira en votarme a bronca a min mesma