jueves, 31 de julio de 2008

O patrón

Fai uns días foi o patrón do meu barrio. Non me dira nin conta, ata que soaron algunhas bombas de palenque. Isto fíxome recordar os patróns que se facían na miña casa cando eu era nena.
Nos xuntábamos o redor de coarenta persoas entre pequenos e grandes Viñan os meus curmáns con seus pais, é decir os meus tíos e tías, irmáns das miñas aboas si, das dúas, xa que a súa vez, estas tamén eran irmáns. Pode soar algo raro, pero para min era o máis normal.
A miña aboa, Aurora, a que eu chamaba madriña, non porque fose a miña madriña, senón porque o era do meu irmán, e como el a chamaba madriña, pois eu tamén a chamaba así. Facía tremenda pota de callos, empezaba ven cedo. A todos lles gustaban os callos da miña aboa. Mercábanse empanadas e bolas de patrón, que previamente se encargaban na tenda. Tamén un queixo para acompañala bola. A miña nai facía carne asada. E xa estaba a comida do patrón. Había que ter bo estómago para xantar de esa maneira, un día de calor de xullo. Despois se poñía o café cas copas de coñac e guinda, agora chámanse chupitos. A guinda a facía a miña aboa, aínda que a guinda nova, de ese mesmo ano, estaba un pouco brava, sempre sobraba algunha dun ano para outro, e despois de acabar con a vella, logo ía a nova tamén. Se poñía a mesa do comedor abertas as alas, e aínda así non cabiamos, claro, cos nenos, xantábamos nunca mesa aparte, na cociña, aínda así aquela mesa facíase pequena, e había que poñer, agora diriamos unha supletoria, que consistía en dous cabaletes cun taboleiro por riba. Iso, si o mantel que non faltase. A mesa, ía dun extremo o outro do comedor-saiña.
Logo do xantar, empezaban os cantos. Os meus tíos: Paco, e Monso facíanse a competencia, a ver cal dos dous cantaba mellor, os dous cantaban moi ben. O meu tío Paco facía dúos con a miña tía Sita, e Monso cantaba como Gardel, o iso dicían, eu aínda non coñecía a ese tal Gardel. O meu curmán Paquito (Fillo do meu tío Paco) tocaba a guitarra, de feito é a súa profesión. Por alí aparecían maracas, timbales, e diversos instrumentos musicais, da sua orquesta, que naquela época ensaiaban no sotano da miña casa. Tamén, naquela época outro curmán meu, que ía para médico, levaba os osos de non sei quen a lavar a miña casa, así que por alí podíase encontrar calquera cousa.
Cando xa os meus tíos cansábanse de cantar, entón empezaba o meu abó, que para min era o meu yayu. Os meus yayus, viñan de Barcelona, ala polo mes de abril, cando alá empezaban os calores, que eles non soportaban, e se ían polo mes de outubro, cando aquí empezaban as friaxes. Eles si eran os meus padriños e os pais da miña nai. O meu yayu cantaba asturianadas, Sempre cun aire triste nos seus pequenos ollos azuis

E xa seguirei noutro momento que agora non teño tempo

6 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

eso sí que era festa rachada!, xa sei aquelo de que cualquier tiempo pasado fue mejor, pero e que neste caso da festa do patrón parece que así era ¿ou non? claro que as cousas da infancia recórdanse cun certo feitizo...
tamén e que a tua familia polo que se ve é ben festeira, ainda hoxe que xa non están algúns daqueles tempos, polo menos os que eu tiven o gusto de coñecer na tua casa, siguen con boas ganas de festa! rin eles e fan rir os outros
Sodes todos unha familia ben rideira e optimista.
Espero mais historias destas familiares e do ferrol que contas tí tan ben contadas

bicos e apertas

Insumisa dijo...

Condenadas par de dos... no entendí ni papa, pero les dejo besos y cariños desde mi rancho.

(He perdido el vínculo con mi traductor)

Luego que lo encuentre les entenderé. ;-)

Insumisa dijo...

¿Cuándo regresas?

Besitos

saraiba dijo...

Ya estoy aquiiiiiiiiii jajajaja
Besos guapa

Paz Zeltia dijo...

si, sí, ya estás aquí, saraiba, dispuesta a echar broncas a las demás para que actualicen el blog, pero el tuyo sigue aquí, de vacaciones!!!!

¿vas a contar el viaje a argentina? :)

saraiba dijo...

Ya está, muller, que no dejas ni respirar jajajajaajja