domingo, 29 de noviembre de 2009

Unha treboada

Me asomo a ventá e vexo as nubes treboentas e amenazantes que veñen do norte. Un lóstrego, conto os segundos, un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, o estourido do trono, ainda lonxe. A oscuridade vai gañando campo a luz do día. Outro lóstrego, un, dous, tres, catro, cinco, seis, empeza o estrondoso ruido. As nubes mouras teñen unha coroa de algodón. branco como a neve. Outro mais, un , dous, tres, catro, cinco. Vaise acercando a tormenta. Os tronos comenzan con un son lonxano, repiqueteante que se vai facendo mais forte a medida que surca o ceo ata chegar os meus oídos. Ainda non rematou o tambor de soar, cando xa vexo outro resplandor un , dous, tres, catro. o ruído do trono, engádese o da chuvia no cristal, axudada polo vento que empeza a zoar aí fora. Un, dous lóstregos e inmediatamente, se oe o gran estrondo, de dúas forzas chocando entre si. Pecho os ollos. Silencio, todo quedouse parado, non hai tronos, non hai chuvia, non hai vento, non hai ventá.
Desperto pola mañá, alguén durme o meu lado, sinto o calor do seu corpo, oígo a súa respiración pausada. boto a man e palpo por enriba das sabas, noto un corpo que rebule o meu carón. "Ola".

Abro os ollos, unha luz deslúmbrame, un sonido ensordecedor, o vento, a chuvia, miro a través do cristal da ventá, o trebón está enriba de min
.

domingo, 15 de noviembre de 2009

Non sei como titular isto

outro día vin con estupor na wikipedia o seguinte "Ferrol (oficialmente y también en gallego) es una ciudad y municipio español, situado al norte de la provincia de La Coruña, en Galicia." Quero decirlle o que escribiu isto que tanto o galego como o castelán en Galiza son idiomas oficiais. Despois de ler o artigo, dinme conta que este o esta, non sei, quen o escribiu, copiou e pegou dalgunha guía, a historia de Ferrol. Cando eu exercía de guía turística, lin moia información en guías de turismo, sobre Ferrol, e Galiza en xeral. Había unha que me facía moita gracia, a ver si a encontro por aí e poño o nome.Si, aquí está "El Ferrol su ría y su comarca" de Fernando Cendán Pazos. Penso que a información que se da Ferrol na wikipedia, foi collida de esa guía. Que si, que pode que todo o que diga esa guía de Ferrol sexa certo, pero no é todo o que se pode dicir de Ferrol. O mesmo pasa con o que di a wiki, salvo certos erros, como o puxen anteriormente, de poñer tanto no idioma oficial como en galego. Tamén me lembro dun triptico que sacou a diputación, creo que no 92, xa que o 93 era ano Xacobeo, publicitando as cidades galegas, todas elas saían con as suas mellores galas, e Ferrol? Unha imaxen da Rua Real, chovendo a cántaros e duas mulleres encollidas debaixo dun paraugas. Así querían publicitar Ferrol dende a Diputación. As protestas fixeron que se recollesen todos eses tripticos de Ferrol, que chegaran ata as oficinas de turismo de Alemania. Pero non sacaron outro, simplemente se recolleu ese.
E chegamos ata nosos días. E vendo que Ferrol cada vez vai perdendo mais poboación, dende a desfeita que fixeron os sociatas, alá na época de Felipe Gonzalez. levando do que vivía Ferrol para outras terras: militares, astilleros e con promesas incumpridas de revalorización (quizás quixeran facelo con aquel tríptico) de plans de desenrolo, e eu que sei cantas cousas mais, Agora Ferrol loita por ter mais de 50 mil habitantes para que lles cheguen as axudas, como limosnas tendidas os mendigos que non fan mais que pedir.
De feito chegan esas axudas, pero de tal maneira que parece que se burlan de nos. As axudas consisten no seguinte x millóns de euros para axudar o desenvolvemento de Ferrol e comarca, de esos x millón un 90% son en créditos , os cales, por suposto hainos que devolver, e un 10% en subvencións a fondo pedido, nada que ver cas axudas que lle dan a Cádiz, tamén para o seu desenrolo(Cousa que vexo moi ben) pero o que non vexo tan ben e o porcentaxe entre créditos e subvencións para os gaditanos, exactamente o revés. Un 10% en créditos e un 90 % en subvencións.
Así é como axudan a unha cidade que esta durmirse nos loureiros dende fai tempo, sempre esperando as axudas estatais. Xa que sempre do estado viviu. E sen ter verdadeira conciencia do tremendo potencial que ten esta cidade a nivel turístico, por exemplo, que tamén é do que sei un pouco máis.
Pero si os publicistas fan como fixeron estes días con a Costa da morte "Que esperabas, ya te dije que por ese precio sólo podría ser en Costa da Morte y no en la Feria de Abril..". Así publicitase a firma Body- bell, cun anuncio na radio en horario de máxima audencia, eu non lles penso mercar nada de nada a estes energúmenos. E deben ter boas ventas en Galiza, xa que teñen 3 sucursais aquí. E os hosteleiros da costa da morte empeñándose en dar a coñecer a súa excelente calidade na cociña. E despois veñen uns madrileños a tirar polo chan tódolo seu esforzo.
E nada mais que por hoxe xa foi dabondo