domingo, 29 de noviembre de 2009

Unha treboada

Me asomo a ventá e vexo as nubes treboentas e amenazantes que veñen do norte. Un lóstrego, conto os segundos, un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, o estourido do trono, ainda lonxe. A oscuridade vai gañando campo a luz do día. Outro lóstrego, un, dous, tres, catro, cinco, seis, empeza o estrondoso ruido. As nubes mouras teñen unha coroa de algodón. branco como a neve. Outro mais, un , dous, tres, catro, cinco. Vaise acercando a tormenta. Os tronos comenzan con un son lonxano, repiqueteante que se vai facendo mais forte a medida que surca o ceo ata chegar os meus oídos. Ainda non rematou o tambor de soar, cando xa vexo outro resplandor un , dous, tres, catro. o ruído do trono, engádese o da chuvia no cristal, axudada polo vento que empeza a zoar aí fora. Un, dous lóstregos e inmediatamente, se oe o gran estrondo, de dúas forzas chocando entre si. Pecho os ollos. Silencio, todo quedouse parado, non hai tronos, non hai chuvia, non hai vento, non hai ventá.
Desperto pola mañá, alguén durme o meu lado, sinto o calor do seu corpo, oígo a súa respiración pausada. boto a man e palpo por enriba das sabas, noto un corpo que rebule o meu carón. "Ola".

Abro os ollos, unha luz deslúmbrame, un sonido ensordecedor, o vento, a chuvia, miro a través do cristal da ventá, o trebón está enriba de min
.

2 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

gustoume moito, saraiba.
rebulen os elementos da natureza de fora.
e os de dentro.

saraiba dijo...

Haiche dias así