Galicia sempre oscura
Galicia sempre oscura
Este conto comenza cando a humanidade adicábase a cazar, recolectar, e escomenzaba a erguerse sobre as suas pernas. Camiñando de aló para acó e seguindo o ritmo que lle marcaba a natureza, o home comenzaba a sua singladura pola terra.
Na terra enteira, menos en Galicia. Segundo os estudosos do tema, aquí non había ninguén. Galicia estaba abandonada da man do home. Non houbo nin neardentales, nin cromañones. Pero, esperade, entón ¿Qué é aquelo que se ve alí? Pero si parecen puntas de lanzas, e isto parece un coitelo. Entón si hai armas, hai homes. Si se buscan se encontran os rastros dos primeiros habitantes de Galicia. Entón hai conto. Xa empezamos cedo a ter que inventar a historia. Inventemos pois os primeiros pasos da humanidade en Galicia, mentres non haxa realidade, sempre contaremos cas lendas.
Debía facer moito frío cando, entre peles, naceu o noso protagonista. Non había un teito co abrigase da intemperie, tan so unha alta parede rocosa, que mitigaba un pouco o vento glaciar que soplaba. Todos os membros do clan aremolinábanse o redor da muller, para darlle un pouco mais de calor no momento tan crítico do alumbramento. Os nacementos eran celebrados por todos os compoñentes da familia, pois esto supoñía ter mais xente con a que poder: loitar con outros clanes e así poderlles arrebatar a cova, ben escasas naquela rexión, e un tesouro para quen a descubría e a podía manter en propiedade. Ser mais numerosos tiña outra ventaxe, na hora de ir de caza, podían enfrentarse a animais maiores, o levar mais cantidade de comida para a comunidade, xa que os cerbos, os xabalins e os mamuts non faltaba naquelas ricas terras. as que acababan de chegar na sua perenigraxe dende o sul.
O meniño veu o mundo, nun parto dos pouco normais para aquela época, é decir, sen moitas dificultades. O cativo creceu forte, Vía as rutinas dos maiores que consistían básicamente en traer comida o campamento itinerante, e buscar un refuxio o mais confortable posible, polo que moitas veces tiñan que loitar con outros clanes para poder establecerse nun lugar determinado. As relacions humanas ainda tiñan moito que medrar.
Naceron outros pequerrechos no clan, e él fíxose adulto moi rápidamente. Xa non tiña o status de neno, xa era un xoven forte, que tiña que axudar na principal labor dos homes do clan: Cazar e guerrear. Cazar para poder comer, e guerrear para conquerir un refuxio axeitado, ou si xa o tiñan, non no perder.
As mulleres pola contra recollían os froitos que encontraban polo camiño. E cuidaban dos mais pequenos. Achegábanse a orilla do mar e recollían todo o que este lles brindaba, alí mesmo, na orilla.
A él o que mais lle gustaba era ir diante do grupo, nas suas viaxes, para observar o que tiña que vir. Novas terras que explorar e explotar, os regatos, as covas. Nesas estaba cando viu un grupo de cazadores con grandes problemas para facerse cun gran mamut macho. Xa ferira a varios homes doutro clan. Dende a sua posición podía observar ben a escea. Os cazadores, coas suas lanzas, pinchaban o mamut, que mal ferido arremetía contra todo o que se poñía o alcance. Entón viu a gran roca que se erguía as espaldas do animal, enriba do promontorio. El non sería quen de mover so a gran pedra. Rápidamente, foi chama-la sua xente. Pronto varios dos homes do seu clan encaramáronse o cumio da colina e entre todos botaron a pedra enriba do mamut, Os que estaban loitando ca besta abaixo, viron como a gran roca, facía co bicho fincase de xeonllos no chan, a sua vez, claváronlle as suas lanzas, nos puntos febles deste gran animal. A peza xa era dos homes
Aquí escomenzaba unha nova etapa para a humanidade en Galicia. Duas tribus diferentes loitando xuntas para conquerir algo. Xa hai relacións intertribais, non so para guerrear entre elas, tamén se podía colaborar para conseguir un ben, tan apreciado como era un animal que lles daría de comer para unha longa tempada, unhas peles para cobixarse do frío, uns colmillos que lles servirian para facer dende ferramentas, ata abalorios. E sobre todo, uns colaboradores, para realizar grandes traballos. E por suposto, intercambiar técnicas de caza, novas ferramentas con diferentes materiais. Cambiarian o endeble cuarzo con o que fabribacan as suas armas, polo silex, moito mais duro e resistente.
Todo esto pasaba no cuaternario en Galicia, e tantos avances que hai nestes dias e os arqueólogos non son quen de velo. So hai que coller un berbiquí e facerlle un burato o tempo. E despois mirar por el, e observar o que acontecía.
Quizás sexa mellor decir que en Galicia non houbo ninguén ata os nosos tempos, e que as cousas que se acharon aquí e alá despois de miles de anos, foron cousas de meigas para ir abonando a imaxen que queremos dar de nos mesmos..