A ría maltratada
"385" width="480">
Semella que todos están empeñados en botar a perder a Ría. Esta é a principal fonte de riqueza dunha cidade que non se da conta, ou si se da conta, pero pecha os ollos ante o problema que ten diante.
Ferrol depende da sua ría, tanto económicamente, socialmente, culturalmente, está vinculada o mar, por medio da sua ría, e non a cuida, mais ben a descuida.
Primeiro permitiuse enclavar no medio e medio, unha gasificadora (REGANOSA), que ainda que xuran e perxuran que non contamina, a verdade e que entra dentro de eso, que se lle deu por chamar “feismo galego”, e si non entra o meto eu.. Contamina a paisaxe, contamina a imaxen dunha cidade que moitos queren volcala hacia o turismo. Que pouco saben de turismo todos eles. A xente non vai os sitios para ver gasificadoras, van para apreciar bellas paisaxes, degustar os productos da terra, van para facer deporte de aventura, deporte nautico, para estomballarse o sol, para facer senderismo, van a sair de marcha, facer turismo cultural, en fin depende do enfoque que se lle quera dar o lugar.
En Ferrol hai de todo eso e moito máis. Hai castelos, hai monte, hai mar bravo e mar calmo, hai castros, hai historia da boa, e historia da que puxo a España patas arriba, hai camiño de Santiago, hai bo marisco, ¿ou o había?, disto non estou tan segura.
De Ferrol din que é a gran descoñecida de Galicia, eu me pregunto de ¿quén é a culpa? Quizás é que os ferrolanos ainda temos ese sanbenito posto no lombo do enano baixiño que naceu aquí, e ainda pesa sobre nos a maldición do caudillo. Quizais sexa culpa dos políticos que eleximos. Quizais sexa de esa mentalidade ferrolana “xa virá papa estado a arranxalos nosos problemas” E papa estado pasa de nos coma da merda, So hai que ver todo o que fixo Zp en Bruselas cando España estivo na presidencia para levantalo veto sobre os asteleiros. Nada de nada. Ese é o caso que nos fan.
Agora fariannos faia unhas cantas depuradoras, porque a ría din que se renova cada non sei cantos anos, pero agora que pecharon gran parte dela para o marisqueo, está contaminada, non é apta, vese que non é tan sinxelo como parecía, a ría ten uns límites que sobrepasamos, e se non a axudamos para descotaminala teremos o que nos merecemos, un gran charqueiro apestoso e noxento.
Moitas cousas se poderían facer en Ferrol, non saben de min, se non….Pero eu vin por aí adiante que de catro pedras mal postas fan unha atracción turistica da hostia e a xente paga por velas, iso si, hainas que saber vender. E sobre todo creer nelas. Camiño de Oslo dende Bergen hai unha igrexa de madeira, din que a mais antiga de Europa destas características, alí perdida no medio do monte, en ningures, pois alá van centos de autobuses cheiños de xente para vela, eso si, en Rusia hai outras cantas similares a esta, tamén din que son as mais antigas de todo o mundo mundial. Bonitiñas son eh?
E logo aquí non temos cousas tan estupendas como esa igrexa
Outro día explicarei as cousas que hai por aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario