miércoles, 29 de septiembre de 2010

Algunhas consideracions, miñas, sobre a folga

Dende o meu punto de vista sobre a folga xeral
1º Penso que foi tarde, mal e arrastras. Os sindicatos que temos neste pais, para min e persoalmente, non miran polos intereses dos traballadores. Penso que esta folga deberiase facer antes, moito antes. Cando empezaron os despidos masivos.
2º O Goberno que temos, todolos os gobernos que temos, que son moitos uns 4 ou 5, empezando polos locais e terminando pola Unión Europea, non mandan nada de nada, Aquí quen manda son os bancos e as entidades financeiras, contra eles debería ir a folga.
3º Os gobernos de todolos paises inxectaron os cartos a ditas entidades, que seguen a ter beneficios, menos beneficios, que peniña me dan os pobres
4º En canto que estas entidades segan tendo o mando, pouco poden facer, os políticos, sindicatos e nos mesmos como cidadans e obreiros
Si, poden seguir a lamerlles o cú

viernes, 24 de septiembre de 2010

Zeltia non podo facer mais jajajajaaj

Zeltia deume este premio , este ollo, que é un mundo que nos mira. E agora eu tendría que darlle o premio a algúns outros blogues, estiven vendo por ahí e vin que case todos os blogues que visito, por non decir todos, xa teñen o ollo. Asi que, desta paso, quédome co ollo, e se nestes dias visito algún que non o teña xa, pois llo regalo tamén

jueves, 23 de septiembre de 2010

outono, como non




 Agora que empeza o outono, e todo o mundo está a falar del, non quere entrar. Imos ver como se nos presenta, este vello coñecido, ainda que cando dis que vai a empezar algo novo, ves coma que algo vai cambiar, non so na atmósfera, tamén na vida de cada un. Sempre que houbo cambios na miña vida foi nesta estación. Xa tocando o inverno
A min o que máis me gusta desta estación .e poder camiñar polas follas secas, ese ruidiño que fan cando as pisas, un cruxiñido, e outro, e outro. Ir andando polo camiño marrón que van deixando o caer. O peor e cando non sabes o que hai debaixo:Un charqueiro, un furado, unha pedra. Eu son experta en atopar todas estas cousas ¿Ou me atopan elas a min?

jueves, 16 de septiembre de 2010

o mundo o revés

Si eu fose quen
pondría o mundo o revés
pondríalle a cabeza nos pés
¿Cómo o ves?
Eu o vexo ben

martes, 14 de septiembre de 2010

Galicia sempre oscura II

Imos deixar que a evolución das especies actúe un pouquiño, que os homes se ergan un pouco máis. Deixaremos que o seu cerebro medre uns cantos centímetros. E daremos un saltiño no tempo, así, duns, digamos 20 mil anos, ou unha cousa así. Coma os científicos non o teñen claro que mais da uns mil anos mais ou menos.
Atopamos unha Galicia, ainda bastante conxelada. Pero pouco a pouco, moi pouco a pouco, os xeos vanse alonxando da beiramar e se van aloxando nas montañas, deixando a costa bastante apta para a vida cotidiá dos homes, que seguen indo dun lugar a outro. Ainda que quizais, algunha das hordas de homes e mulleres que habitaban este país, tiveran xa unhas migracións cíclicas. E decir, coma as anduriñas ou as cegoñas, voltaban o mesmo lugar segundo as épocas do ano, despois de percorrer unhas distancias, que moi grandes non debían ser.
Así, encontramos os nosos ancestros un pouco mais ergueitos, e cun cabezón, xa das mismas dimensions co noso. Semella ca colonia tamén medrou un pouco, e incluso vense rasgos diferenciados entre os diferentes individuos ca forman. A comunicación entre as tribus que pululaban pola nosa terra, eran mais que comerciais e de intercambio. Chegamos xusto no momento en que van a facer un gran descubrimento, que cambiará a sua vida radicalmente
Os xóvenes cazadores que ian na vangarda do grupo, recoñeceron rápidamente o lugar, alí se estableceran non facía moito tempo Era un bo lugar para pasar a tempada mais fría do ano. O mar darialles o alimento necesario para pasar o inverno, e cerca do río había moitas cobas onde se poderian guarecer da intemperie, e por suposto a apreciadísima auga dulce, non lles faltaría. Tamén se podían observar diferentes rastros de animais, coma lebres, xabalins, cervos, Era o lugar ideal para pasaren o longo inverno que se aveciñaba.
Cando chegaron preto da coba que os acollera noutro tempo, viron con sorpresa unha grande cantidade de cereais espallados por todas partes. Sen dubida, este ano a nai natureza os chamaba para que se quedasen nese lugar. Todo lles era favorable. Cando o descubriron por primeira vez, alí non había nada, e agora, estaba cheo de comida para alimentar a toda a tribu durante toda a friaxe que lles viña enriba.
¿Quén sería logo o que lles puso alí todos aqueles alimentos? Foron ver o cumcheiro, a ver si tamén medraban os moluscos, non alí so estaban as cunchas amontonadas que eles deixaran tempo atrás,
Xa chegaba toda a tribu o completo, un grupo de mulleres comenzou a recoller o cereal, outro foise cara as rochas a recolle-los mariscos. Os cazadores foron recoñecer os alrededores para conseguir algo de caza e consolidar o seu territorio, non fora que houbese estranos preto deles, e lles foran roubala riqueza que alí se atoparan.
Os mais vellos decidiron que aquel lugar, había que sinalalo de algunha maneira, xa que tan boas vibracións lles daba. Nunha gran rocha plá dende donde se ollaba todo o contorno, pero ben escondida de ollos alleos, fixeron uns raros debuxos, deixando a sua pegada na rocha para séculos e séculos, eles non sabían os crebacabezas que lles ían dar miles de anos despois os poboadores dese lugar.
Debuxaron círculos coma luas, outros concéntricos, uns dentro doutros, puntiños como estrelas, a saberen que significaban, so eles tiñan a chave para desentrañar este misterio, escribiron por tódalas partes, sempre escondidas para que ninguen as vise.
E chegou o inverno, e durou moito esta estación fría, por durar, durou uns cantos anos, volveron os xeos a cubrilo todo de novo, a estación cálida duraba, apenas o que tardaba a lua en voltar a encher. E despois frío de novo, así estiveron un ano e outro,os alimentos comenzaron a escasear, e as febres cebáronse con eles. Ata que por fin, Os xeos voltaron, pouco a pouco a seu fogar, as montañas.
A tribu menguou moito nestes anos, apenas quedaban uns poucos, os mais fortes, daquela gran colonia de homes e mulleres.
Mais a luz e a vida voltou a aquelas terras

domingo, 12 de septiembre de 2010

Aas mulleres aquelas que levaban as vacas a pacer


a foto a collín de chuza, que pechou as suas portas








Con isto dos prezos da leite, que a pagan por debaixo do prezo de coste os gandeiros. Deúseme por pensar naquelas mulleres que fai poucos anos andaban lindalas vacas polos campeiros galegos. Aquelas mulleres que cando te saias un pouco das carreteiras principias, e te metias polas carreteiras locais e comarcais, facían que parases o coche para que pasasen elas con as suas vaquiñas, non eran moitas, o mellor 5 ou 6. Sacábanlas pola mañá cedo, despois de ordeñalas, as levaban o monte e alí pacían todo o día, a noitiña, íbanlas buscar. Fachendosas, facían parar o auto, para pasaren elas, eran as donas do lugar. Eran pequenas explotacións leiteiras, en cada aldea e en cada vila había un bo lotes delas, que na mayoría dos casos servía para o autoconsumo da prpia población, se acaso sobraba algún, iba o camión, e a recollía pola mañá. Lémbrome que un curmán meu, que vive en Ferrol iba cada dous días a nosa aldea, e traía leite para sua casa, para a nosa, e para uns cantos veciños mais da cidade. Vaia leite aquela.

Uns anos mais tarde, cando empezaron a facer autopistas, non estou a falar de fai moitisimos anos, uns 10 anos mais ou menos, empezaron a decir que esa estampa das mulleres con as suas vacas daba mala imaxen a Galicia, mentras noutras comunidades, xa tiñan grandes explotacions leiteiras, con cooperativas, todo mecanizado, con máquinas capaces de sacala leite e limpar o cú as vacas o mesmo tempo, mentras elas, as vacas, están todo o día metidas nun cubículo, eran, e seguen a ser, a imaxen da modernidade.

Agora xa apenas se ven esas mulleres, con o pano na testa, e unha variña lindando as vacas, xa temos grandes explotacións gandeiras con ese tipo de maquinaria ultra

moderna, e a cambio que conseguimos? Aparte dos problemas dos prezos da leite, de si é galega ou non?

Pois para min que gran parte dos incendios, veñen, porque as vacas non van o monte. Agora queren poboar de novo o rural galego, pero a xente que vai para as aldeas quere ter as mesmas prestacións que ten na cidade:Médicos cerca, escolas para os nenos (Vease cantas pecharon este ano no rural), boas comunicacións, telefonía móvil, internet, etc etc etc. Penso que cando desapareceron esas mulleres, desapareceu a esencia do campo galego, e con elas todas as ventaxes que daquela se podían conseguir. Porque o rural estaba poboado. Agora quizás seña demasiado tarde.