viernes, 1 de abril de 2011

O sopiñas, bandoleiro ferrolán

Alá polo século XIX, mentras España libraba a sua guerra de Independencia dos franceses comandados por Napoleón e posteriores luchas entre liberais e carlistas, mentras iba perdendo a suas colonias unhas tras outras; e en Galicia empezaba o movimento do Rexurdimento, se perdía a unidade territorial, e se dividia en as actuais 4 provincias, e claro tamén cas suas disputas entre liberais e absolutistas; é entón que chega a Ferrol un persoaxe, cando menos, singular. Singular pola sua historia, e tamén polo desenrolo dos acontecimientos ocultos ata finales do século XX
O persoaxe Chamábase Manuel de la Cruz, alias sopiñas.
Chega a Ferrol no ano 1800 procedente de Lugo, emplease coma aprendiz nunha xastrería, vai de feira en feira vendendo as mercadurias do seu patrón, e é de aquí de donde lle ven o seu mote, xa que daquela o sopiñas era o único que se podía permitir para comer., sopas e mais sopas. Ós poucos anos de establecerse na Cidade Departamental, tan só 5 anos, xa tiña unha pequena taberna, unha muller e uns anos mais tarde xa era dono de propiedades no centro e nas aforas da cidade, convertíndose nun dos burgueses mais prósperos e respetables da comarca. Pero ¿Cómo chegou un aprendiz de xastre a ser un dos homes mais poderosos da vila?
Como feirante que era, estaba todo o día polos camiños da bisbarra, foi por aquel entonces cando empezaron o proliferar os bandoleiros en toda España ( Aquela figura romántica dos bandoleiros que roubaban os ricos para darlles os pobres, que vivían próscritos nos monte, e que axudaron con as suas guerras de guerrilas a botar os franceses) e que nada tiña que ver co sopiñas.
O sopiñas, non roubaba os ricos, roubaba a todo aquel que se asoma polo seu camiño, daba igual que fose labrego, que crego, que indiano. El os atracaba e lles sacaba os poucos o moitos cartos que levaran enriba. A sua coartada sempre era boa, xa que polo seu traballo, tiña que andar polo camiño tódolos días.
Pronto amasou unha pequena fortuna e abriu a sua taberna en Ferrol, fixose amigo de moitos homes influintes da vila, E foise enxendrando unha mafia cun xuramento de silencio, tipo mafia napolitana,. Moitos políticos, comerciantes, incluso xuices e notarios, formaron parte da gabela do sopiñas. A sede, como non, era a taberna de Manuel de La Cruz. Chegando a ser cento e pico camaradas.. Sopiñas xa non tiña que sair polos camiños, so organizaba os roubos, pero él xa non participaba neles, tan so das suas ganancias, as cales repartía entre os seus achegados. Ninguén sabía quen era o xefe, ninguén sabía quen organizaba os roubos. O pacto de silencio funcionaba a perfeción. E sopiñas protexido polos xefes militares e grandes comerciantes da vila campaba as suas anchas. E a sua influencia e riquezas iba en aumento.
Ata que chegou o ano 1830, cando ocurreu o roubo na casa do indiano Lorenzo Antonio del Curro, alias O indiano de Camouco, De alí roubaron unha pila de reais, e outros obxetos de valor.. Foi entón cando as múltiples denuncias dos cidadáns, fixeron que se tomarán medidas para rematar cas tropelias desta banda. Chamaron a Zumalacarregui para que se fixera cargo do goberno civil e militar de Ferrol. E tivo a sorte que saira a luz un feito transcendental para o apresamento de sopiñas e a sua panda. A aparición dun cadáver no foso do muelle de Ferrol.(Cousa nada estrana naquela época e noutras épocas negras da historia da cidade)
Este morto non era outro que Manuel Mariño, membro da banda de Manuel de La Cruz. Axustizado polo mesmo Sopiñas ó non querer dala a parte correspondente do botín da casa do indiano, ó seu xefe
As investigacions de Zumalacarregui, coñecido pola sua dureza, foron dirixidas á viúva de Manuel Mariño, quen deu o chivatazo da banda.
Pouco despois uns 40 compoñentes da gabela do sopiñas e él mesmo, foron encerrados no Castelo de San Felipe, onde intentaron matalos dándolles comida envenenada, cousa que non conseguiron. Se dixo que foran aqueles mesmos “homes de ben” que antes axudaran a Sopiñas, quen despois intentaron asesinalo para que non falase e os descubrise
Por outra banda, o xeneral Zumalacárregui, foi deposto do seu rango despois duns rifirafes con outro comandante liberal, de signo contrario o dél absolutista convencido. Dise que a gabela do sopiñas tivo algo que ver nesta enemistad dos xenerais, mandando anónimos a un e a outro. Ata que cando subirou o goberno os liberales, se falaba que Zumalacarregui non xurara lealtad o rei e que ia sublevarse nun golpe de estado, o que o levou o cese do seu cargo.
O Sopiñas foi xulgado e condeado a garrote vil, mais ca morte de Fernado VII o caso pasou de ser militar a ser civil, con o que sopiñas, pasou 10 anos en africa como condea
Ainda que a sua historia é bastante novelesca. Mais ainda foi como desapareceron tódolos documentos da época sobre este caso. Roubandoos do rexistro de Galicia e como apareceron despois de mans dun anónimo cos deixou no Museo Naval de Ferrol un século e pico despois dos acontecementos relatados
¿E que ainda non prescribiron as suas causas e os herdeiros teñen medo? Ja ja ja
sopiñas imaxe tomada do libro que cito abaixo

Collín os datos de
Las andanzas del Sopiñas: capitán de una gavilla de bandoleros ferrolanos de Santiago Gonzalez.Llanos Galvache

Saraiba



No hay comentarios: