domingo, 24 de abril de 2011

A Virxen de Chamorro



Maña é luns de Pascua. No extremo l´este da península celébrase o día da Mona. As madriñas agasallan os seus afillados con a mona. Unha figuriña de chocolate. E no extremo oeste, faise a Romería de Chamorro.
Conta a lenda, que aounto de afogar un mariñeiro empezou a berrar, e a Virxen do nordés se lle apareceu, e o salvou de morrer afogado. Ainda que hai outra versión, que é que un pastor estaba a cuidar das suas ovellas, e cando ia por unha revoltosa que se escapou, esbarrou polo monte abaixo, e tamén berraba, e tamén se lle apareceu a virxen, e o salvou. Os berros que ambolos dous gritaban eran "xa morro, xa morro" e de aí que a virxen do nordés en Ferrol se chame A virxen de Chamorro. . Ben pois mañá e o día da Virxen de Chamorro. Vaise camiñando, subindo polo monte arriba. A altura do monte é de uns 160 metros sobre o nivel do mal. Nos van guiando no traxecto de subida 14 cruces, cando chegas a ultima, chegas sin folgos. Menos mal que hai unha fontiña milagreira que da ánimos para continuar, xa o redadeiro tramo. Este é o tramo fácil, despois está o tramo dos intrépidos que consiste en subir polo medio do monte, algúns moi devotos elixen este tramo e o suben de xeonllos, por este lado non hai via crucis que guie.
Xa fai anos, neste monte encontráronse pegadas dos primeiros poboadores de Galicia (Petroglifos, e señais de que houbo algún tipo de templo os deuses antigos (Como sempre a igrexa acaparou estes terreos, para os seus santos, neste caso Santa.
A Ermita parece que data do século XVI, tivo moitas remoledacións nos séculos posteriores.
O lugar donde está situada a ermita e moi singular. A parroquia é a de Serantes, que ata os anos 60 foi concello propio, independente do de Ferrol. No seu cementerio, se encontran os restos de Torrente Ballester. . Na cima do monte de Chamorro pódense ver unhas estupendas panorámicas de Ferrol e comarca, así como a entrada da Ria. Pero ben, o mellor é ir e velas in situ.
Maña é o día para ir, se queredes festa e ghitas, pero en calquera outro momento do ano, pódense apreciar mellor as vistas, e escalar como cabras polas rocas e entre toxos

2 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

O de escalar non se me da moi ben, pero o de facer a cabra un pouco mellor.

Oiches, e a ghita, que vén sendo?
;-)

saraiba dijo...

e a gaita, muller, Ais estes dedos meus