domingo, 14 de junio de 2009

Imos ser nos os que levantemos o pais

Si, si, os sufridores fumadores, levantaremos o pais de esta crise sen fondo. A pesar que nos restrinxen os espazos, nos teñen como animais enxaulados en bares, aeroportos, e demais lugares públicos, con as subidas de prezos do noso vicio, imos levantalo o pais. Esa é a clave.
Os parados que xa acabaron as suas prestacións, xa volverán a cobralas, grazas a nos
Xa volverá a funcionar a lei da dependenza, porque xa habrá de novo fondos para estes fins. Grazas a nos
Levantemos muros, xaulas, poñamos unha burbulla a cada fumador, para que non moleste os demais, que acabaremos con o paro.
Pero ¿Cómo so fumas dous paquetes diarios? Non, non, iso non, tes que fumar polo menos 1 cartón diario, se non , non podremos sufragar, o gasto público do pais. ¿Cómo so hai este numero de fumadores? Non, non haino que incrementar, que non chega para pagar o deficit estatal.
E mentras, nos , os apestados, metidiños nas gaiolas, sen rechistar

2 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

si, sí, fumade mais, que compren cartos jajaja

moi logrado o post! gustoume moito!
(apestada do carallo)

saraiba dijo...

Pois si zel, si unha apestada total jajajaja