Na Galiza en GALEGO
Todos os dias veño escoitando o mesmo discurso en todas as partes con respecto a lingua. A verdade que eu non sei donde se meteron os galego falantes e defensores do galego o 1 de marzo, visto o resultados que acadaron esas eleccions galegas. O tamén pode ser verdade que moitos dos que votaron a Freijoo non están de acordo con a sua política linguistica. E este estase equivocando, ben esto xa o sei eu, que se está a equivocar.
Agora vai facer unha consulta os pais dos alumnos para ver en qué idioma quere que se lles ensine, se en galego ou en castelán. !Os pais dos alumnos¡, pregúntome eu, qué sabrán moitos pais de alumnos de como ten que ser a educación, con respecto a ensinanza, dos seus fillos. Tamén me pregunto si eu, que non son nai, pero pago os meus impostos para que os cativos estudien gratuitamente, non terei dereito a opinar. Ou tamén debería de meterme na política económica, xa que parte dos meus impostos van a parar as mans dos ricos banqueiros, tamén na política armanmentistica, e na politica exterior, tamén no lanzamento de satélites, ainda que da maioria de estas cousas non teño nin puta idea, pero qué mais da, se os pais poden decidir en que idioma se lles ensina os seus fillos, eu tamén podo meterme en como han de facerse todas esas cousas, ainda que non sexa unha experta en economía, nin en politíca exterior, nin en armamentos, nin moito menos en lanzamento de satélites.
Outra das cousas que quere cambiar este goberno, é que os funcionarios non sepan galego, xa que para as oposicions non fará faia que pasen o seu exame de galego ou presenten titulo acreditativo dos seus coñecementos nesta lingua. Os galego falantes non terían dereito a que lles falase en galego, xa agora non o teñen, porque na amioría dos casos a lingua que se utiliza na administración e o castelán. So hai que escoitar a maioría dos politicos do PP en qué idioma falan. E despois din todos fachendosos que o que queren eles é defender os intereses da Galicia frente o mundo mundial, e despois saen con estas cousas de qué, o pouco galego que aprenden os nenos no colexio, querenno quitar así, de súpeto. Qué menos que un funcionario en Galicia sepa falar galego. E poder atender a esas persoas que falan galego, porque non saben falar castelán, en moitos casos é así.
Esto último faime reflexionar sobre o seguinte. A maioría dos que non saben falar castelán, viven nas aldeas, teñen mais de 60 anos, cando eles estudaron, estaba prohibidisimo falar galego ¿Entón como é que agora non saben falar castelán? Ben é certo que naquela época só podían estudar uns poucos.
Outros din que estudar en galego vai en detrimento de outros idiomas que poden ser mais útiles en canto a comunicación con outros paises de outras falas, refírome o inglés, durante moitos anos non se estudiaba o galego nas escolas, e o inglés era obrigatorio dende ben pequenos, mi madriña, que nivelazo de inglés teñen todos os cuarentos e cuarentonas de Galicia, grazas a que non se estudaba galego naquela época e si se estudaba inglés ou francés. Digo os de 40 porque mais ou menos foi a partires de ahí, cando se empezou a poñer unha asignatura, das chamadas marias, nos temarios dos colexios. chamada lingua galega.
Non me extrana nada que no diccionario do DRAE nos chamen tontos os galegos.
Si se coidan os monumentos, tales como a catedral de Santiago, a Torre de Hercules (Está para ser votada monumento da UNESCO nos próximos días) As illas Sisargas, eucaliptos fora da Galicia, non o porto deportivo de Cangas ¿Por qué non facer o mesmo con a nosa lingua? ¿Por qué non mimala e coidarla?
E eu son a primeira en votarme a bronca a min mesma
2 comentarios:
Moi ben Saraiba!
veña que se saia o xenio!
O outro dia puxo Corme un enlace no chiringuito, que estaba moi ben.
Falaba de como "eles" colleron unha idea como "libertade" para utilizala en proveito seu "liberdade para que os nenos estuden na lingua que queiran". Enton, claro, todos estamos a favor da idea da liberdade. E moita xente cai nesa manipulación: non é que estea a favor do ensino en castelán, está a favor da liberdade.
Pois nos temos que facer o mesmo: coller palabras de alcance universal coas que todos nos identificamos, e arrimalas á nosa sardiña (o galego), como "rexeitar a imposición dunha lengua imperialista"
"defensa da nosa cultura"
"un idioma propio é o berce dunha cultura propia" que sei eu, moitas delas.
Ás veces non serve de nada razonar coa xente, porque nos movemos polo sentimento. Asi que hai que apelar ó sentimento, en vez de coa razón, asegún con quen...
Con isto de que o galego sempre o falaron as persoas que non tiñan un nivel cultural moi alto, ou case sempre, parece como que nos da vergoña falar en galego,e non só falar en galego, se non todo o que se refire a cultura galega, sempre admirei os catalans, porque sempre estiveron orgullosos do seu idioma, claro que a evolución do catalán foi moi diferente do galego, o catalán o falaban todos os ricos e pobres, os cultos e os incultos, e o galego os campesiños, que grazas a eles este idoma non se perdeu del todo. E foi cando empezou a liberdade neste pais, cando se puido rescatar o galego e darlle o rango de lingua que se merece. Mentras estivemos na dictadura, faia de liberdade, foi cando mais se esquenceu o galego, e grazas a esa xente inculta da aldea, puidose rescatar.
Publicar un comentario