lunes, 11 de abril de 2011

semana santa ferrolá



Ainda que eu non sinto devoción pola relixión, teño que dicir que si me atrae a Semana Santa ferrolá. Non é un sentimento relixioso, a verdad, mais ben é pola vistosidade dalgunhas das suas procesións, e o efecto mobilidade (así se mobilizaran para outras cousas) que esta ten nas xentes de Ferrol, e decir o ambiente festivo .Si, ainda que está mal decilo (polo significado que ten para os católicos estas festas a morte do seu profeta e deus) que se respira en Ferrol eses días.
A Semana Santa Ferrolá, non é moi antiga. Ainda que algunhas imáxenes datan do século XVIII naquela época non se facían procesións o estilo de hoxe, cos cofrades vestidos cas caperuzas e todo iso. Esto e de mediados do século pasado, alá polos anos 50, 60. E as caperuzas ainda mais novas, xa que estaba prohibido ir con a cara tapada. Esto faime recordar que houbo algunha cofradía que non saía por esta causa, non recordo cal delas. Pero volvendo o século XVIII si hai que dicir que existían procesións como a do Encontro, e non só se facían en Ferrol, tamén en cidades veciñas como Pontedeume, por exemplo.
Nalguures lein "foi gracias a secularidade que se impuxo na Republica e a explosión de relixiosidade que invadeu España na posguerra, a causa de que a Semana Santa florecera con tanta paixon" Ja ja ja Ben é certo que cada un ve a historia do color que mellor lle vai. O certo é que aí está a Semana Santa Ferrolá rivalizando en vistosidade con outras Semanas Santas de outras cidades tan releventes como Valladolid, por exemplo. E é de interese turístico nacional.
Nos anos 80 aparece o primeiro tercio, de toda España, portado por mulleres, que tiñan que ir camufladas, claro. E aquí empezou a revoluciñon das mulleres portadoras
A min persoalmente a procesión que mais me gsta ver é a do encontro. Cando se xuntan os pasos na Plaza de Armas e as fan bailar. E mais me gustan os viños que veñen despois.
A primeira vez que tiven que falar da Semana Santa Ferrolá en público, alá polo ano 91, non pensei que fora ter tanto aforo. Cando entrei na clase e a vin chea de xente, incluso doutros cursos. Me preguntei, si sería o tema o sería eu ja ja ja a que atraxera tanta xente. E alí estaba eu rodeada de compañeiros e contando , xa o final, a lenda da Virxen de Cahamorro, e cando todos estaban a adormecer, os meus berros "xa morro, xa morro" do pobre pastor que esbarraba polo monte abaixo, fixeron cos ointes deran un brinco nos seus asentos. E por fin tocou o timbre de saida.

Saraiba

2 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Pois eu penso que debías contar tamén a historia da virxe de chamorro, que eu non a coñezo, como tampouco sei moito da semana santa ferrolá (nin de ningunha outra).
sempre me parecían aburridísimas as procesións que vía na televisión e me preguntaba como podía a xente pagar por ir ver o paso das procesións sentados nunha silla alí todo o día...
foi cando me levou Mariví unha semana santa a ver algunhas das máis famosas de málaga e a do cristo de los gitanos en granada, que alucinei co pìtostio que se montan, fun quen de apreciar a rica tradición que é... ainda que non comprenda ese mestizaxe de devoción e folklore, certamente estraño.

Bicos, Saraiba! (que non vos chova este ano)

saraiba dijo...

Si, claro un destes a conto.
Ben o de coñecer a semana santa ferrolá o tes ben doado, so tes que vir aquí, e xa está, que tan lonxe non estás
E chover choveu dabondo, algunhas procesións non sairon, pero onte pola tarde noite deberon sair,porque non choveu, e de momento parece que tampouco, ainda que hai uns nubarróns, pero xa se sabe a tormenta pode descargar donde se lle antolle.