jueves, 5 de junio de 2008

O Fogar da Brétema


O Fogar da Brétema
Conta a lenda que non moi lonxe de aquí, fai xa moitos moitos anos, nun lugar chamado o Fogar da Brétema, habitaba un pobo deses antigos, dos que ninguén se lembra xa,
Eran uns homes adicados o gando, á agricultura, e a recoller de aquí e acolá o que a nai terra lles regalara.
Era unha época de paz e harmonía, Non necesitaban loitar cos veciños para poder sobrevivir, as súas necesidades estaban cubertas. Incluso tiñan un día de festa cada lúa chea. Facían o troco cas poboacións preto deles: leite por peles, legumes por centolas, ferramentas por torques. E claro, tamén era o día escollido para render culto os seus deuses e deusas. Era o día dos druídas. Daquela venerábanse cousas tan sinxelas coma: A nai terra, que lles proporcionaba alimento; o pai sol, que lles subministraba calor e luz; o río, fillo da terra que nacía das súas entrañas; o mar, o gran descoñecido, moitos dos que se adentraban nel xamais regresaban, era unha fonte de misterio, e lle tiñan un gran respecto e temor. Tamén en este sentido de misterio e descoñecemento, rendíase culto a lúa, da cal dicían que cada día entregábase o mar, e este cada día dáballe a auga da vida, a cal devolvía a lúa chea. Pero todos estes misterios eran cousas dos chamans que entendían moito de estes enigmas tan complexos.
Os homes adicábanse mais a venerar os seus deuses locais, que lles eran mais familiares, coma por exemplo, o ídolo local, e fonte de riqueza para a rexión como era, o touro do Fogar da Brétema.






Este era un animal formidable, tanto era así co seu coidado non recaia sobre unha aldea, se non que se repartían o honor entre tódalas aldeas que compoñían o Fogar da Brétema. Xunto co ídolo, labrado en ouro, ían tamén 3 dos mellores exemplares de esta especie. A quenda remataba polo Sanhaim, o xefe da aldea, levaba os touros, axudado polos homes mais fortes do lugar, e cedíanos o mandamais do pobo que lle correspondía o seu coidado durante ese ano. Xunto co ídolo, mailos hastados, entregábanse tamén algúns dereitos, como o de facer as festas da lúa chea para ese pobo durante ese período de tempo; e moi importante, só os que tiñan os touros no seu poder, serían quen, de poder montalas vacas do seu poboado durante esa tempada con eses exemplares. Tamén era costume, que os becerros machos que naceran de outros animais, que non fosen os tres elixidos, serían sacrificados e faríase un gran banquete multitudinario, menos cas testas, que serían enterradas cos cornos para abaixo para render culto o seu ídolo de ouro. Mentres que as femias, servirían para dar leite, peles e traballar a terra. Polo contrario os becerros que nacesen da monta de estes animais serían tratados a corpo de rei, xa que serían os herdeiros dos machos adultos. Cando lles chegase a hora.
Estas e outras costumes, que iremos tratando polo miúdo, cando chegue a ocasión, eran, as que, marcaban a vida de estes pequenos poboados, que no seu conxunto formaban o clan do Fogar da Brétema, coñecido en lugares tan lonxanos que facían falta varias xornadas a pé para poder chegar a eles.
Deuse o caso, cun día, no que a brétema ocultaba por completo a entrada natural polo mar do asentamento; un formidable esteiro, no que, a entrada moi estreita e angosta, estaba vixiada permanentemente polos mais bravos guerreiros da tribu, entrou un barco oculto os ollos mais vivaces. Colouse ata as portas do pobo, principal, o que daba nome á comarca. Sen que ninguén se dera de conta da chegada dos intrusos. Cando o neboeiro se espallou os lugareños, viron o barco fondeado preto da veira da costa. Todos e cada un dos habitantes do pobo achegáronse a ribeira, atraídos pola curiosidade.





Era esta unha embarcación estrana, nunca se vira unha semellante por aquela zoa. Era mais grande que ningunha das utilizadas por alí, tiña un gran mástil central, pero o que mais chamaba a atención dos veciños, eran ás dúas figuras que tiña na proa e popa, dous enormes cornos . Cando mais ensimesmados estaban ollando o barco, unha chalupa, empezou a baixar polo seu costado.




O xefe do poboado púxose a fronte, a súa dereita o mago, e tras deles os guerreiros. Mais atrás as mulleres e nenos. Si quixeran atacar xa o terían feito ocultos entre a néboa. Cando viron os remeiros do pequeno barco, decatáronse que todos e cada un deles, tiñan por cabeza a dun touro, con longos cornos. E un deles os tiña tan, grandes, que todos creron que o seu ídolo tomara forma humana e viña ata a súa terra para ver si realmente as súas devocións eran verdadeiras ou non. Arribou a lancha a orilla, del saíron uns 10 homes, mailo, que tiña os cornos mais alongados . Os aldeáns deron un paso atrás, as mulleres e os nenos correron tralo valado, O seu aspecto daba arrepío . Viñan vestidos con peles, non se sabía a moi ben si eran vestidos o formaban parte do seu corpo. Peles e pelos estaban tan xuntos que era imposible distinguilos, Pero o que mais chamaba a atención eran as súas testas, non eran tales, só se podía distinguir, unha sorte de cabelos enmarañados e os cornos, e alá no fondo uns ollos , case todos eles azuis, que escrutaban dende a profundidade todo o que se movía o seu carón.




O druída mailo xefe, falaron con eles.
Os estranxeiros oiran falar das excelencias dos seus animais e do poder máxico que tiña o seu ídolo, e querían facerse con eles. Eran os fillos de Thor deus de deuses, e querían agasallalo cos mellores dos regalos. Escoitaran falar dos touros do fogar da Brétema, e se non llos daban polas boas levarían a destrución, non só a súa aldea, senón a toda a comarca, en forma dunha ola xigantesca, que mandaría o seu deus Thor, dende o confín do mar. As súas casas, vilas, e eles mesmos quedarían afundidos na inmensa marea que lles ía mandar. E así quedarían esquencidas para sempre da memoria dos homes, a súa pegada sobre a terra.
Tiñan dúas lúas para entregarlles os touros e sobre todo o ídolo máxico
Os homes fóronse a súa aldea, e os fillos de thor o seu barco.
Os Lugareños, non estaban dispostos a entrega-lo seu tesouro, tan doadamente os estranxeiros, si estes tiñan o deus protector, eles tiñan, tamén os seus deuses, e o gran touro, non os ía deixar desamparados, ante tales ameazas.
O druída reuniuse cos outros druídas, nun consello extraordinario, para atopar unha solución. Mais non a atopaban, a noite íase achegando, e a Brétema cubriu todo o val, non se vía, nada de nada, tan so notábase a humidade que o envolvía todo.
Pasou esa noite, ninguén durmira no poboado, O día despuntou e a brétema desapareceu, o sol brillaba e iluminaba todo. Os cornos escomenzaron a soar, chamando a todo o mundo: Homes, mulleres e nenos, correron ata o centro da aldea. O barco fuxiu con a Brétema, os seus deuses os salvaran do tráxico final. Os homes podían confiar nos deuses. Non os deixarían morrer, de esa maneira, e os deuses debían estar contentos con eles, xa que cada lúa chea ofrecíanlles os mellores dos agasallos, e as cabezas dos tenreiros, para alimentar a súa cornamenta. O mais seguro que durante toda a noite se librara a batalla entre deuses, e os seus venceran. A alegría volveu o poboado. Fíxose unha gran festa, ofreceron ofrendas o seu ídolo, Mataron porcos, galiñas, e becerros. Todo en honor o ídolo gañador da batalla, Beberon viño e cervexa quente. Cando chegou a noite, a brétema volveu a envolvelo todo, nunca antes se vira unha néboa tan espesa. Viña xel ada, podíase cortalo aire coa espada. Todos estaban bébedos, e fóronse durmir as súas casas. A noite transcorreu tranquila.
O día seguinte. O barco volvía estar varado na praia. Os primeiros en espertar, viron a súa silueta, co hastado na proa. Viron votalo bote e achegarse a veira da costa, viron baixar o cornilargo, seguido dos seus secuaces. Viron o druída ir falar con eles. E viron o xefe levantar a súa espada e de un so golpe, cortarlle a cabeza o seu sabio. Empezaron a soar os primeiros gritos, o pobo foise despertando. O xefe do pobo achegouse ata a beira, alí xacía o seu druída, con a testa separada do corpo e a súa sangue tinguindo de vermello o mar.
Falaron os xefes de ambos los dous bandos. Outra estocada e a cabeza do Brétema rodou pola area. E escoitouse un berro
“Quero os touros mailo ídolo dourado, se non, todos vos ides ter a mesma morte que os vosos xefes”
Non había outra solución, tiñan que atender a demanda do estranxeiro. Se o seu mago, e o mellor dos guerreiros e mais sabios non foran quen de vencelos ¿Como ían eles de ser capaces de facelo? E agora non tiñan guías que os mandasen.
Foron buscalos touros mailo seus deus. E llos entregaron os fillos de Thor. Xa saian estes pola bocana cando un gran estrépito, escoitouse ata o punto mais distante da comarca, unha tremenda ola, acabou co barco, e afundiu o val quedando so a vista as os outeiros da parte norte. Ninguén puido escapar da tremenda marea. Todos quedaron soterrados na auga. Cando os habitantes da aldea veciña se achegaron o lugar, viron con gran asombro que a aldea do fogar da brétema, desaparecera. E no seu lugar, so había un inmenso lago.
Pero alí no medio, parecía que había algo flotando. Trouxeron un bote, e algúns remeiros achegáronse o lugar, Aquelo que viran era un cestiño con dous meniños dentro.
Era o único que quedaba do pobo chamado. O fogar da brétema.
Contase tamén que dende aquela, escoltasen estranos, ruídos dende o fondo do lago, así como o muxir dun touro. Outros din que son os lamentos dos aldeáns, que aínda facendo o que os estranxeiros lles mandaran víronse afundidos xunto co seu ídolo no fondo do mar.
Cando as augas baixaron un pouco do nivel, víase a entrada dunha cova dende a outra orilla, ninguén se atrevía a entrar nela xa que dende alí os lamentos eran terroríficos. Pero esta xa é outra historia.

Fin
Saraiba
Agradezo a colaboración involuntaria e forzosa dos blogs e páxinas web de onde "roubei" as fotos, as miñas disculpas pola rapiña.

2 comentarios:

El camino perdido dijo...

Me encanta el gallego, es mi idioma de adopción :P He vivido varios años en Santiago, y mi familia es gallega. Noble tierra llena de una historia fascinante, como esta que nos cuentas. Lengua que sabe a "viño", que huele a "terra" y que suena a "morriña".

Saludos y enhorabuena por el blog

saraiba dijo...

Gracias camino perdido. Siempre es una alegría comprobar que la gente se interesa por lo que se escribe.
Un saludo