jueves, 28 de febrero de 2008

O tempo que pasa

E que deprisa vai, non o podo coller. Corre máis ca min o condenado. E votando un ollo hacia atrás; xa que non podo dar saltiños coma un canguro, indo e vindo de atrás hacia diante e viceversa. E que hoxe toca reflexión sobre...non sei qué ainda, quizais cando remate de escrivir o vexa claro, de momento non. Ben, eu sigo con o meu, a ver donde chego.
Pois... penso que non me arrepinto de nada do que fixen ca miña vida, ata dagora. O mellor arripíntome do que non fixen, o tal vez só é un desexo de saber o que puido ser e non foi, mais por curiosidade que por outra cousa. Refírome as decisións tomadas, non as malas xogadas que che fai a vida, esas son incontrolables. Si, si algunhas o son. por moito que teñas control sobre ti mesmo, e podas preveer cousas, pero hai algunhas que non se poden controlar, nin preveer, nin prevenir. Pasan; despois que ocorren podes tomar decisions, boas ou malas, escapanse a toda vontade humana. E por moito que te podas preguntar ¿por qué? nunca atopas a resposta.
Non quería chegar eu a ese punto. Eu solo quería falar do paso do tempo, das cousas que antes podías facer, eu que sei...dar pichos carneiros polo campo, unha desas posturiñas estravagantes cun brazo mirando o norte e unha perna virada o leste, facer un fin de semana de mércores a domingo, pensar en ir O San Froilán e por "despiste" aparecer en Madrid, cousas así de disparatadas. E que ata fai ben pouco se podían facer, o dos despistes ainda se poden facer si, si. Pero hai outras que o corpo xa non as aguanta físicamente. que de pensar en elas xa unha se cansa. Por outra banda aprendes a facer outras cousas cas que disfrutas igualmente e ves que é igual co tempo pase, se segue vivindo e facendo tolerias.
Pero aquelas outras cousas que se foron pospoñendo, por h o por b, e que agora te das de conta que xa son imposibles. Esas cousas son as que me refería, claro. Son esas as que voto en falta. máis é unha pregunta que unha afirmación rotunda. Ainda non o teño moi claro, Tendrán que pasar uns cantos anos mais para poder facer de esa pregunta unha afirmación?¿ Tamén isto é unha pregunta.
!Coño¡ Que dificil é facerse maior. Non cheguei moi lonxe.
Saraiba

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueeeeno.
Cae a saraiba húmida sobre ó ánimo ¿eh?
Creo que hai unha idade na que a todo o mundo lle da por botar unha ollada atrás e e outra adiante, para tomar perspectiva.
Penso que casi todo o mundo ten a tentación de pensar no que xa non poderá ser... Cóntamo a min.
Pero ¡¡poderán ser moitas outras cousas boas!! Péchanse unhas posibilidades e ábrense outras. Cada tempo nos enfrenta a uns retos... ¿por qué velos como amenazas e non como oportunidades?
(jeje, viche qué linguaxe, parezo a executiva dunha multinacional; ou pior aínda, unha piscóloga ben adoctrinada).

Coñezo ben estas etapas de repaso. Penso que hai que pasalas, para asentar todo iso de quén somos, de onde vimos... e aclarar o que queremos e o que non.

Chega a primavera... E iránse retirando as brumas.

A big hug for you. :-) Aquí é que somos políglotas.

Anónimo dijo...

Penso que si hai esos momentos arnoldia(Juas)de feito, eu xa tiven uns cantos de eses momentos de inflexion e reflexión. Pero me da a min que este non debería de telo, polo menos ainda, e nin sequera deberia telo, si todo seguise o seu cauce natural.
Si, si comprendo o das novas posibilidades, i é o caso que disfruto delas, tanto como disfrutaba de outras que se abriron en outras epocas, en outras idades, cada cousa o seu tempo e un tempo para cada cousa. e se podes transgredir esta norma, pois moito mellor. Pero chegas a unha idades que te plantexas ter cousas e enton daste de conta que nunca as podrás ter. De eso falaba, quizais, non sei jajajaajajTeño que rirme das cousas que estou escrivindo ¿Eh?
Mellor que executiva, ou sicologa adoctrina, vouche ver coma arnoldia jajajajajaaj
A ver si con a calorcilla da primaveira vanse achegando mellores tempos, muller
A big hug for you as well, por si acaso
Saraiba
Que isto cada dia cambiame o xeito de asinar

Anónimo dijo...

Pois eu estoy a matinar seguido no paso do tempo, dende que tiña 20 anos polo menos! Lembro que pensei "xa nunca poderei ir de campamento"... e que se nos poñemos así, ós 3 anos podemos pensar: xa non podo mamar mais da teta de miña nai. Digo ós 3, porque antes non debe ser moi doado recordar o pasado jijiji. Por suposto que sempre quedan horizontes que escudriñar, portar para se abrir... menos cando vén a da gadaña. Por iso, ainda que non poidamos dar pinchacarneiros, Saraibiña, inda podemos andar sin bastón arremecajoná!!

Saudiños por aquí e por acolá

Anónimo dijo...

Entendo co tempo ten que pasar, claro, e sempre dixen que corría moito msia do desexado, pero esto é natural. A casi todo o mundo lle pasa. E de repente daste conta das cousas que non fixeches, e poderias haber feito. Tamén sei que hai moitas cousas ainda por descubrir: novos horizontes, fronteiras que pasar, xente que coñecer, risas, llantos, emocions. Non é que esté calculado eh?¿
Pero fáltame algo. en outros tempos considerei esa opción, e agora por moito que considere, non é factible.nin posible. eses dous términos están trocados de lugar.
Saraiba