sábado, 19 de abril de 2008

Os mapas da costa galega de Pedro Texeira


Os mapas da costa galega de Pedro Texeira
En 1634 o cosmógrafo portugués Pedro Texeira asinou o que sería o maior proxecto cartográfico da Coroa española durante o século XVII, “La descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos”. Por encargo do rei Felipe IV, en 1622 un equipo de cosmógrafos percorreu todo o litoral español, dende Fuenterrabía ata a fronteira catalana con Francia, investigando con detalle a topografía das costas do reino. O obxectivo era proporcionar un importante instrumento de estratexia de defensa militar que lle permitía á coroa coñecer con precisión portos, refuxios e zonas con posible utilidade militar. O resultado é unha fermosa colección de vistas “aéreas” das rías galegas, tal e como estaban dispostas e habitadas no século XVII. Deste xeito, podemos coñecer a fasquía antiga de Ribadeo, de Viveiro, de Ortigueira e Cariño, de Cedeira, da Coruña e Ferrol, de Betanzos, Corme, Laxe, Camariñas, contemplar unha batalla naval en Fisterra, ver Muros e Noia, distinguir as diferentes vilas aurosanas, como Ribeira, os pobos que conformaban a antiga Pobra do Caramiñal, Cambados, Vilagarcía, Vilanova. Nas Rías Baixas, pódense ver tamén Pontevedra, Cangas, Vigo, Baiona e A Guarda. Estas imaxes foron extraídas da publicación dixital: Planos e debuxos de Arquitectura e Urbanismo. Galicia nos séculos XVI e XVII.O proxecto foi dirixido polo profesor da USC Alfredo Vigo Trasancos e a coordinación de Jesús Ángel García e Miguel Taín Guzmán. A edición orixinal en CD-Rom patrocinada polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.

Me he quedado alucinada de lo bonitos que son

No hay comentarios: